martes, 20 de novembro de 2012

FESTA DO MAGOSTO

Este ano festexamos o magosto en Pedroso.
A continuación mostrámosvos un pequeno vídeo de todas as cousiñas que fixemos  a parte de comer as castañas. Esperamos que vos guste.


luns, 22 de outubro de 2012

O XOGO DA OCA D@S NEN@S DE MARGA


O PROMETIDO É DÉBEDA. AHÍ VOS DEIXAMOS O XOGO DA OCA QUE FIXEMOS NO MES  DE XUÑO @S NEN2S DE 3 ANOS. PARA QUE POIDADES DESCARGALO E TER UN RECORDO DE TÓD@L@S COMPAÑEIR@S DA VOSA CLASE.

Bufiña chegou das vacacións!!!

Bufiña, chegou das súas vacacións e invitounos á festa da auga. Mirade que preparada viña con gafas e bañador!!!Próximamente subiremos unha montaxe desta festa, na que o pasamos pipa....

BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO 2012-2013

Ola a todos e todas, un curso máis estamos aquí. Esperamos ter axiña cousas novas para mostrarvos.

sábado, 30 de xuño de 2012

OUTRAS COUSAS NON MENOS IMPORTANTES...

RECORDATORIO DO CURSO 2011-2012:
OUTONO: 
Representación do outono coa caída das follas.

NADAL:
Chega o nadal a nosa escola, os nenos-as participan en un montón de actividades para celebrar estas festas tan queridas e decorar un pouquiño Domirón.
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ: 
"Sementando a paz"

domingo, 17 de xuño de 2012

venres, 8 de xuño de 2012

OS DINOSAURIOS ( 1ª PARTE)


OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS DURANTE ESTE ÚLTIMO TRIMESTRE TRABALLARON NO PROXECTO: "OS DINOSAURIOS ". ESTE É O RESULTADO.



CONTINUARÁ...

mércores, 6 de xuño de 2012

OBRADOIROS

Mostrámosvos os talleres que fixemos entre todos. Son tres distintos:


COCIÑA , "Receita de pasta con atún e tomate"
BAILE , "Aprendemos diferentes bailes e cancións"
CIENCIAS,  "Experimentos  coa auga, coa area e cos imáns"
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize a digital collage

venres, 1 de xuño de 2012

INVITADOS NOVOS


Xuntámonos para recibilos 

Presentámosvos a Lucas e a Mini, unha parella de coellos moi divertidos.

venres, 25 de maio de 2012

NOVOS VIDEOS DE INTERCENTROS


Volvemos a subir as actuacións que os nenos e nenas de Domirón fixeron o día de intercentros. Son outros videos con moita mellor calidade. "POUSA, POUSA"

domingo, 20 de maio de 2012

OBSERVANDO A METAMORFOSE DAS RÁS

Durante un tempo tivemos na escola unhos amiguiños moi pequenos chamados cágados.Estivémolos coidando moito ata que se convertiron en lindas rás.Vimos as fases polas que pasan estes animais ata chegar a súa madurez.







luns, 14 de maio de 2012

ATA LOGO MIRIAM!!!

HOXE TIVEMOS QUE DESPEDIRNOS DA PROFE MIRIAM, PERO SEMPRE GARDAREMOS UN GRATO RECORDO DO TEMPO QUE ESTIVO CONNOSCO EN DOMIRÓN.
MOITA SORTE NO TEU NOVO DESTINO E QUE SEXAS MOI FELIZ.

E DE RECORDO AQUÍ VAI UNHA FOTO COS NENOS-AS DE 3 ANOS.
UN BICO MOI GRANDE.


luns, 30 de abril de 2012

VISÍTANOS UN ATRAPACONTOS







O luns veu a vernos no seu paztinete un atrapacontos moi especial chamado Anxo Moure, pasámolo moi ben. 
Contounos unha morea de cousas, empregando como ferramenta o conto e a poesía  co fin de concienciar ós nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade.




Ata sempre Anxo.



domingo, 29 de abril de 2012

ACTUACIÓNS INTERCENTROS

¡¡BENVIDOS!! ó noso novo blog, e que mellor maneira de facelo que vendo as actuacións dos nosos nenos-as o día de intercentros. Fixérono xenial, esperamos que vos gusten.

A continuación imos con "Na beira, na beira do mar"